 
No abril está prevista a intervención de Marta Lois, tamén da Universidade de Santiago de Compostela.
A intervención de M. Xosé Agra encádrase nun ciclo anual organizado polo Institut de Ciències Polítiques i Socials no que recoñecidas especialistas do Estado español revisan textos clásicos da teoría política feminista, desde Mary Wollstonecraft deica Sheila Jeffreys. Entre outras interviñeron, ou van intervir: Rosa Cobo, da Universidade da Coruña, Fina Birulés, M. Jesús Izquierdo, Encarna Bodelón e Marta Lois, profesora na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela, para falar sobre as contribucións de Iris Young.
María Xosé Agra, que preside a comisión de igualdade do Consello da Cultura Galega e é profesora de Filosofía na universidade compostelá, foi a autora do estudo que abre a edición en español d’O contrato sexual de Carole Pateman publicado por Anthropos. O libro de Carole Pateman converteuse de seguida nun dos textos fundamentais da teoría feminista das últimas décadas. Entre os seus traballos recentes cómpre destacar a súa participación en Veinte pensadoras del siglo XX ou o seu artigo sobre "Ciudadanía, feminismo e globalización" para a revista dixital brasileira Labrys. 
  
  María Xosé Agra 
  "Carole Pateman: El contrato sexual" 
  Venres 18 de xaneiro de 2008 ás 17:00 
  
  Marta Lois 
  "Iris Young: La justicia y la política de la diferencia" 
  Venres 18 de abril de 2008 ás 17:00 
  
  Ciclo de lecturas de Teoría Política Feminista 
  Org. Institut de Ciències Polítiques i Socials, UAB 
  
  CCCB. Pati Manning 
  c/ Montealegre, 7 – 08001 Barcelona 
  Asistencia restrinxida.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto