 
Rede.cat organiza en colaboración co Ateneu Popular de Nou Barris a presentación en Barcelona da exposición de Gabriel Tizón Por Narices.
 
											O acto, que terá lugar no Ateneu Popular de Nou Barris, combina un debate con proxección de diapositivas sobre a exposición de Gabriel Tizón (Galiza), co espectáculo circense de Los Excéntricos (Catalunya, Francia, Italia) e coa actuación, coma fin de festa, de Pulpiño Viascon (Galiza) e amigos. Unha noite na que a través da conxunción de fotografía, teatro e música se poida gozar dos traballos destes grandes artistas, sen deixar de lado un pequeno espazo para a reflexión e a solidariedade.
Rede.cat dá continuidade a Axenda Cultural Galega do 2007-2008 con este acto que forma parte dun dos espazos que a definen, as Propostas Libres: aquelas presentadas por persoas ou colectivos a Rede.cat para organizar conxuntamente ou de maneira exclusiva e que cadran cos seus obxectivos.    
   
   
   Sábado 19 de xaneiro  
  Inauguración da exposición "Por Narices", de Gabriel Tizón, con "Pulpiño" Viascon e amigos mais a compañía Los Excéntricos 
  
  20:00. Inauguración da Exposición. 
  
  20:30. Sorrisos por…. Proxección de diapositivas e charla - debate con Gabriel Tizón e convidad@s. 
  
  22:00. Espectáculo Rococó Bananas da compañía Los Excéntricos 
  
  24:00. Concerto de Pulpiño Viascon e amigos 
  
 Ateneu Popular de Nou Barris 
  C/ Portlligat, 115 . Barcelona 
  Metro Trinitat Nova (L4) 
  
  Entrada libre.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto