 
 
Os comicios enfrontan ao candidato pro-occidental, o actual presidente Boris Tadic, co pro-ruso Tomislav Nikolic.
Os serbios achéganse este domingo ás urnas para elixir ao vindeiro presidente do país. Fronte a fronte, Boris Tadic, actual presidente pro-occidental, e Tomislav Nikolic, nacionalista pro-ruso.  
Os comicios preséntanse como un un plebiscito sobre o lugar que Belgrado ocupará dentro do panorama internacional, nun momento en que se prepara para asumir a posíbel perda de Cosova.
Polo momento as enquisas reflicten que ningún dos dous candidatos conta coa maioría necesaria para conseguir a vitoria na primeira volta, xa que logo semella que vai ser necesaria unha segunda volta, o vindeiro 3 de febreiro.
Malia que en Serbia a Presidencia é un cargo con escaso poder real, o voto vai servir como expresión do estado de ánimo dos serbios ao respecto de dúas cuestións, a xa comentada independencia de Cosova e mais unha hipotética integración na UE.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto