 
A asociación cultural Alto Minho proxectará tres filmes do país lusófono a partir do xoves 24.
Alto Minho está a organizar ciclos de cinema de filmografías lusófonas. Nesta ocasión é a quenda de Mozambique, país do que se proxectarán tres filmes nas vindeiras semanas, todos os xoves a partir das nove e media da noite, comezando o día 24.
As proxeccións ábrense con Preto e Branco, de José Carlos de Oliveira, un filme sobre a guerra colonial no país. O 32 de xaneiro proxectarase Um Río, tamén de Oliveira. O ciclo pecharase o 7 de febreiro con A Costa dos Murmúrios, de Margarida Cardoso. A entrada é de balde.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto