 
Diego Ameixeiras e Xosé Miranda participarán en BCNEGRA nun debate sobre o xénero da novela policial en Galiza.
BCNEGRA debatirá a partir do 4 de febreiro sobre o estado da novela negra. O 5 de febreiro a literatura galega será a protagonista, cunha mesa redonda coordinada por Joaquim Ventura, e na que participarán Diego Ameixeiras e Xosé Miranda. Debaterase sobre a actualidade do xénero en Galiza, e sobre as últimas novelas policiacas editadas en galego. Ameixeiras porá sobre da mesa a experiencia do detective Horacio Dopico (O Cidadán do mes e Baixo mínimos), mentres que Xosé Miranda, ao igual que Ameixeiras premio Xerais de novela, adentrouse no xénero con A tres bandas.
A Trobada de Novel.la negra de Barcelona celebra este ano a súa terceira edición e está organizada polo Institut de Cultura da capital catalana.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto