 
 
Foi agredida polo seu home, que xa fora denunciado en 2001. Ten o 27% do seu corpo queimado.
A muller, Celia C. F., de 52 anos de idade, veciña de Ourense, foi supostamente queimada polo seu marido na mañá da terza feira.
Presenta queimaduras no 27% do seu corpo e dende o Complexo Hospitalario de Ourense foi trasladada, de mañá, á unidade de queimados de Povisa, en Vigo, para atendela das queimaduras que presenta na face, no pescozo, no tórax, e nas extremidades superiores, provocadas cando tentaba apagar o lume coas súas propias mans.
O seu home, Arturo M.L., de 58 anos de idade, foi detido e permanece na comisaría de Ourense agardando a pasar a disposición xudicial. A policía está a investigar se lle botou por riba á súa dona un líquido inflamábel ou un aerosol, e impútanlle unha tentativa de homicidio. Non pesaba sobre el unha orde de afastamento.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto