 
A erradicación da pobreza, a igualdade real das mulleres, a sustentabilidade ecolóxica... Compromisos cara aos que xuntan forza diversos colectivos do país.
 
											"Chamamos a todos os movementos sociais galegos a participaren nunha asemblea horizontal, sen xerarquías e rexida pola carta de principios do Foro Social Mundial, co obxectivo de crearmos un espazo de reflexión para camiñarmos cara a un Foro Social Galego".   
  
  Así o recolle o manifesto que convoca a asociacións de todo tipo a reunírense o próximo 26 de xaneiro, aproveitando o bautizado como "Día de Mobilización e Acción Global". A xuntanza será no claustro da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. O encontro incluirá un espazo para que os propios colectivos participantes expoñan materiais e ideas, no que quere ser unha "feira de asociacións e alternativas".  
  
  O "compromiso coa realidade local" é o  compromiso coa "transformación global" artéllase arredor destes obxetivos:   
              Contra a globalización neoliberal           Para erradicar a pobreza           Pola paz e contra o armamentismo           Pola profunda reforma do sistema de institucións internacionais           Abolición da débeda externa           Igualdade real das mulleres           Sustentabilidade ecolóxica           Defensa dos recursos naturais           Pola Sobreranía dos pobos           Agricultura e alimentación fóra da OMC           Recoñecemento do dereito dos pobos á Soberanía Alimentaria 
  
  Apoian a convocatoria colectivos diversos, entre eles o Seminario Galego de Educación para a Paz, a Coordinadora Galega de ONGDs e os sindicatos UXT, CIG e CCOO.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto