 
O director serbio trae ao escenario do Coliseum da Coruña 'O tempo dos xitanos', unha ópera punk que constitúe o último traballo da súa banda.
O concerto comezará ás nove e media da noite deste xoves, nun Coliseum que terá un aforo reducido para a ocasión a tan só dúas mil localidades. Alí soarán os ritmos balcánicos da No Smoking Orchestra. O repertorio do grupo centrarase na ópera punk Le Temps des Gitans, coproducida pola Ópera Nacional de París e o Palau de les Arts Reina Sofía de Valencia e inspirada nun dos primeiros filmes de Kusturica, O tempo dos xitanos, polo que recibiu o premio ao mellor director no Festival de Cine de Cannes en 1989.
Kusturica, que en breve presentará o seu vindeiro filme, Promise me this, incluíu á Coruña na súa xira mundial, que ofrecerá na península outros cinco concertos, en Barcelona, Porto, Lisboa, Santander e Madrid.
 
						
					 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto