 
Exitosa convocatoria do Día de Mobilización e Acción Global.
Arredor de dúas ducias de colectivos diversos confirmaron a súa presenza nas actividades convocadas para este sábado 26 de xaneiro coincidindo co Día de Mobilización e Acción Global promovido polo Fórum Social Mundial. Moitas máis, até 73 organizacións de todo o país, apoian a iniciativa, xunto cun cento de adhesións a título individual de representantes de distintos eidos sociais.   
  
  Durante a xornada deste día 16, todos eles participarán na Facultade de Xeografía e Historia da USC, en Santiago de Compostela, na Asemblea de Movementos Sociais e na Feira de Asociacións e Alternativas. Tres obxectivos concretos na axenda: expresaren a solidariedade cos valores e ideas do Foro Social Mundial, subliñar a oposición fronte ás prioridades estabelecidas polo Foro Económico de Davos e estimular o debate ao respecto da necesidade de estimular un Foro Social Galego.   
  
  Poden ampliar no espazo Altermundo.
 
						
					 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto