 
 
A formación obtivera nas eleccións xerais de 2004 un total de 31.908 votos en Galiza.
Esquerda Unida-IU designou os catro cabezas de lista ao Congreso, de modo que por A Coruña concorrerá Xavier Ron; por Pontevedra Xoán Xosé Girado; por Ourense Manuel Peña-Rey; e por Lugo Isabel Sánchez. 
  
  Nun comunicado, a federación de esquerdas informou hoxe de que estas catro persoas serán os 'números un' nas catro provincias galegas, despois de que os ratificase o consello Nacional o pasado sábado. 
  
  Así, con estes catro candidatos intentará superar os seus resultados nos pasados comicios do ano 2004, cando obtivo un total de 31.908 sufraxios, un 1,74% o que lle impediu lograr representación na Cámara Baixa. As persoas que integran o groso das candidaturas para o Congreso dos Deputados e para o Senado daranse a coñecer aos medios e á cidadanía nun acto público que terá lugar o venres 8 de febreiro nun hotel de Compostela ás 12h.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto