 
Será o sétimo conglomerado industrial creado en Galiza, despois dos da automoción, a madeira, o naval, o audiovisual, o da acuicultura e o gráfico.
Nace así un dos puntos clave que aparecía no propio Plano Estratéxico Galego dá Sociedade dá Información (PEGSI 2007-2010), desenvolvido pola Consellaría de Innovación e Industria. Un proxecto que tratará de reforzar e relanzar o peso do sector TIC no país, onde xa xera o 2,15% do Valor Engadido Bruto, cun nivel continuo de creación de emprego.   
  
  No acto de constitución do Clúster TIC de Galiza participou Fernando Blanco, conselleiro de Innovación e Industria, quen lles agradeceu ás asociacións Eganet, INEO e AETIC e aos colexios profesionais de Enxeñeiros de Telecomunicacións e de Informática o seu traballo conxunto co Goberno para botar adiante o proceso con éxito.
  Blanco salientou a capacidade que está demostrando o PEGSI como base sólida para a existencia dunha dinámica propicia para as TICs no país. "Galiza aspira así a non ser unicamente consumidora de bens e servizos, senón tamén produtora", sinalou. O conselleiro dixo ter a convicción de que este clúster vai impulsar  a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no sector empresarial da sociedade da información.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto