 
 
O ministro de Exteriores recoñece que as tropas gubernamentais están a piques de perder o control da cidade.
 
											Idriss Deby
Os rebeldes da Fronte Popular do Chad romperon nas últimas horas as defensas da capital, N'Djamena, e os combates xa se están a producir nas inmediacións do pazo presidencial, que ocupa o militar Idriss Deby dende 1990. Segundo informa a cadea Al-Jazeera, o propio ministro de Exteriores, Ahmed Alami, recoñeceu este mesmo sábado que a capital pode quedar baixo control das tropas rebeldes.
Segundo a axencia Reuters, na capital lograron entrar 300 vehículos que transportaban tropas rebeldes. É a primeira vez que as forzas opositoras consiguen penetrar en Djamena. En 2006, os soldados afectos a Idriss Deby lograron repeler unha tentativa similar.
Poden ampliar información na cadea Al-Jazeera, en Le Monde e Liberation
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto