 
 
As tropas rebeldes retíranse de N'Djamena. O executivo insiste en que Sudán colaborou co levantamento militar.
"Eses mercenarios a soldo de Sudán foron dispersados", asegurou o ministro do Interior do Chad, Ahmat Mahamat Bachir, informando de que o exército expulsara as tropas rebeldes da capital do país. Mentres, Abderramanne Koullamala, voceiro dos rebeldes, facía outra interpretación e cualificaba a última hora da situación como "retirada táctica" para unirse aos reforzos chegados do leste coa fin de iniciar unha nova ofensiva. 
  
  Comunicaron ademais que se trataría de darlle tempo á poboación civil para deixar a cidade, malia que de xeito paralelo, colectivos que traballan en labores de axuda humanitaria informaron da presenza en  N'Djamena de ducias de cadáveres nas rúas e hospitais cheos de feridos.   
  
  Ao tempo, o ministro de Enerxía cualificou de "acción de guerra" a presunta participación de avións sudaneses no ataque á localización fronteiriza de Adre. Nesa zona viven arredor de 400 mil refuxiados chegados de Darfur e é nesta área onde se prevía o despregue da forza internacional liderada por Francia para protexer os desprazados e axudar nas tarefas humanitarias.   
  
  Francia cavila intervir no conflito 
  En declaracións ao xornal Le Figaro, o ministro francés de Defensa, Hervé Morin, expresou a disposición do seu goberno a intervir para asegurar " a integridade do país" e do seu "goberno lexítimo", aínda que sempre no marco da autorización ou ben das Nacións Unidas ou da Unión Africana. 
  
  Recomendámoslles ampliar en Radio France Internationale e Al Iasira.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto