 
Os médicos arxentinos aseguraron que "chama a atención" o caso dunha adolescente de 16 anos que quedou embarazada de trillizos por segunda vez e en forma consecutiva.
O caso dunha rapaza que con 16 anos parirá trillizos por segunda vez ten sorprendida á opinión pública arxentina. De feito, o director da Maternidade Provincial da provincia de Córdoba, José Oviedo, considerou esta semana que "chama a atención" o caso dunha adolescente de 16 anos que quedou embarazada de trillizos por segunda vez e en forma consecutiva. 
  O médico sinalou que o novo embarazo foi "espontáneo" e agregou que "chama a atención porque nunca tivemos un caso así, de dous embarazos múltiples consecutivos e sen fertilización asistida". 
  Sete fillos en tres anos A adolescente, que é nai dun neno e de trillizos, presenta un embarazo triplo que se desenvolve normalmente aínda que preventivamente está internada nesa maternidade. A prolífica rapaza, que o 25 de febreiro cumpre 17 anos, é oriúnda da localidade de Leóns, a 244 quilómetros ao sur da capital provincial, e por segunda vez en menos de dous anos volverá ser nai de trillizos. 
  O 23 de xullo de 2006, con só 15 anos, deu a luz trillizas setemesinas tamén na Maternidade Provincial e en 2005 cando tiña 14 anos tivo un neno. A adolescente, despois do primeiro parto, tivo asistencia en anticoncepción, por parte da Municipalidade de Leóns, pero aparentemente a moza non prestou atención e repetiu a experiencia, dixo Oviedo. 
  Non ten traballo Verónica Torres, obstetra do equipo da Maternidade a cargo do control da moza, relatou que segundo a súa nai xunto á adolescente asinou un documento para que lle efectuasen algunha práctica anticonceptiva, pero non foi permitido pola idade da menor. 
  "Non ten traballo, o pai (das trillizas) abandonouna e eu son o único sostén económico dela e a súa familia", dixo a nai ás autoridades da Maternidade.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto