 
Exipto gañoulle a Camerún pola mínima e ponse un ano máis a coroa do fútbol africano. Os cameroneses volven coa estrela, Eto'o, lesionada.
A selección de Exipto sumou este domingo o seu sexto título na Copa África. Os exipcios xa triunfaran o ano pasado e recuncan agora como campións do continente despois de vencer a Camerún por 1-0 na final disputada en Ghana.   
  
  O gol do partido marcouno  Mohamed Aboutrika pasada a metade da segunda parte, minuto 76. A principal referencia do conxunto camaronés, o futbolista do FC Barcelona Samuel Eto'o, xogou mancado os últimos minutos do encontro e volve mancado.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto