 
O fármaco xa foi experimentado con éxito en simios e pasou unha fase inicial de probas con humanos.
Un equipo internacional de científicos ten a esperanza de ter atopado unha vacina preventiva contra a sida que se pode administrar por medio de aerosois. 
O fármaco, segundo publica a revista Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS), xa foi probado con éxito en macacos e en humanos nunha fase inicial, e emprega antíxenos modificados do VIH.
Segundo un dos investigadores do equipo, Mariano Esteban, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a vacina pretende espertar unha resposta celular no organismo contra o virus. 
Nas probas con macacos, os científicos demostraron que o produto se pode administrar mediante aerosol polas vías respiratorias. A administración dunha vacina por vía respiratoria facilitaría a súa distribución en países en desenvolvemento e reduciría o custo do material sanitario. Os científicos confían en continuar cos ensaios clínicos para confirmar que crean inmunidade en monos e en humanos fronte ao VIH e ao SIV (equivalente do VIH en simios).
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto