 
Os galegos continúan na segunda praza da xeral da clase Tornado, recortando distancias cos australianos Bundock e Sabih. Seguen a facer puntos para o Mundial.
Os dous regatistas galegos que van ir ás Olimpiadas de Beixín, este verán, seguen a facer méritos para subir ao podio na última regata antes do Mundial, a Sail Auckland.
Os deportistas do Real Club Náutico de Sanxenxo teñen entraron de primeiros na terceira proba do día. Nas dúas primeiras mangas fixeron dous quintos postos, e na última remataron décimos, recortando distancias cos primeiros na clasificación xeral de Tornado, os australianos Bundock e Sabih (están a cinco puntos deles). A terceira praza na xeral é para os holandeses Booth e Nieuwenhuis.
Fernando Echávarri e Antón Paz están en Nova Zelandia preparándose para o Mundial, que comeza de aquí a unha semana. Sobre isto a parella comentaba: "estamos aproveitando a Sail Auckland para collerlle o truco ao campo, aprender del... sen dúbida é a chave".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto