 
 
É a segunda agresión, en menos de un mes. O goberno de Chávez condenou a acción.
A pasada sexta feira uns encarrapuchados asaltaron o predio da embaixada española armados con bombas lacrimóxenas, e pintaron a súa fachada con lemas coma "Viva a loita dos pobos mapuche, palestino e País vasco", a carón do anagrama de ETA. 
Tamén deixaron na porta uns bonecos coas imaxes do rei español, do presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero; do director da cadea venezolana Globovisión, Federico Ravell; e do xornalista venezolano Leopoldo Castillo. 
Condena do goberno de Chávez
O goberno venezolano emitiu esta sábado un comunicado no que expresaba a súa solidariedade ante o ataque á embaixada de España en Caracas.
"Consecuentes coa súa tradición histórica de respecto á soberanía e amor á paz, repudiamos este acto delituoso perpetrado polos grupos minoritarios que actúan a contrasentido do ideario bolivariano", di o comunicado emitido pola Cancilleiría venezolana.
O goberno de Chávez tamén asegurou que están xa activados "todos os mecanismos que conducirán ao esclarecemento dos feitos e ao consecuente castigo deste covarde acto", segundo informou a oficial Axencia Bolivariana de Noticias
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto