 
 
Entre 40.000 e 50.000 persoas protestan este luns contra o bloqueo. Israel reforzou as medidas de seguridade na zona e ameaza con usar a forza.
 
											Cadea humana en Gaza, este luns
Entre 40.000 e 50.000 palestinos, segundo distintos medios locais, protestan este luns en Gaza para trataren de espertar a conciencia da comunidade internacional fronte ao sufrimento da poboación.
  Convocados por Hamas polo Comité contra o embargo israelí a Gaza, o seu obxectivo é crear unha cadea humana dende a localidade de Rafah, no sur da franxa, até o poboado de Bet Hanún, no norte. 
O vice-responsábel de Defensa israelí afirmou que o Exército empregará a forza no caso de que se produza unha avalancha de civís sobre o territorio de Israel, informa o diario Haaretz. 
Gaza permanece completamente asediada dende xuño de 2007, cando os islamitas de Hamas se alzaron contra a autoridade do presidente da Autoridade Nacional Palestina, Abu Mazen.   
Israel só permite esporadicamente a saída de enfermos, e o abastecemento de produtos básicos para o 1,5 millóns de habitantes é deficitario. O goberno argumenta que o embargo é produto dos ataques con foguetes contra localidades ao sur da franxa palestina.   
  
Catro activistas palestinos mortos 
Por outra banda, catro activistas palestinos -tres membros de Hamas e un outro dos Comités da Resistencia Popular- morreron en varias operacións do Exército israelí durante a noite do domingo ao luns na franxa de Gaza, segundo informaron fontes médicas ás axencias.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto