 
 
O goberno anuncia que a partir do 1 de maio vai permitir as batidas legais de exemplares para controlar a poboación.
 
											A caza de elefantes estaba prohibida dende 1995
O goberno de Sudáfrica anunciou este luns que a partir do 1 de maio, por primeira vez en trece anos, vai permitir cazar elefantes co fin de controlar a poboación.
  O número de exemplares, afirman no comunicado enviado aos medios locais, medrou dos 8.000 deica os 20.000 dende que en 1995 prohibiran por vez primeira a súa captura.   
O goberno é consciente de que este tema provoca "fortes emocións", e que a nova vai provocar a reacción das asociacións de defensa dos animais. De feito, algúns grupos xa ameazaran con ir aos tribunais en varias ocasións, de se confirmar a fin do veto. 
  
"Último recurso" 
No comunicado, que asina o ministro do Ambiente e do Turismo, Marthinus van Schalkwyk, afírmase que as batidas van ser o "último recurso", e permitida baixo estritas condicións tendo en conta "todas as opinións".   
Neste senso, poderíanse aplicar outras medidas tal como a mellora dos valados, o traslado e a contracepción dalgúns exemplares. Porén, van Schalkwyk lembrou as persoas que viven perto das mandas.   
Moitos quéixanse de que os elefantes son perigosos, comen as leiras e compiten cos humanos pola auga, aínda que grupos como Animal Rights Africa defenden a capacidade cognitiva, amplamente desenvolvida, dos elefantes e así coma o alto coñecemento que deles mesmos teñen.
 
						
									 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto