 
A pasada fin de semana o programa da Fundación Ciclismo Galego e do KGZ chegaba á vila da Ulloa e conseguía xuntar centos de cativos ciclistas.
 
											nO alcalde da vila exclamou "non sabía que houbese tantas bicicletas" cando viu xuntos a todos os nenos que participaron neste programa da Fundación Ciclismo Galego en Arzúa.
A resposta dos nenos e nenas a esta convocatoria do circuíto de ciclismo escolar foi tan extraordinaria que os sectores institucionais e privado comezaron o proceso de constitución dun clube ciclista na localidade.
A vila de Arzúa xa tivera un clube de ciclismo nos anos noventa do pasado século, mais agora, tras o compromiso do alcalde, Xaquín García Couso; do concelleiro de deportes, Xoán Xesús Carril Ramos; do director do CEIP de Arzúa, Jesús Loja Davila; de Luís Otero, coordinador da área de deportes; e de José Manuel Lama, ha asumir a responsabilidade de crear un novo clube.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto