 
 
As compañías eléctricas deberán facer constar o impacto ambiental que provoca a súa xeración, tal como emisión de CO2 ou cantidade de residuos.
 
											A CNE publicaba a norma a pasada semana
A partir de abril, as compañías eléctricas terán que incluír no recibo da luz unha etiqueta, cun deseño uniforme e oficial, que indique a orixe da electricidade vendida ao consumidor e o impacto ambiental provocado na súa xeración.   
  Así figura nunha circular da Comisión española da Enerxía (CNE), publicada a pasada semana no Boletín Oficial do Estado (BOE), que lle outorga ao usuario o dereito a coñecer ambos os dous aspectos sobre a electricidade que consume. 
Nas novas etiquetas especifícase a orixe da enerxía consumida, as emisións de dióxido de carbono (CO2) que xera, os residuos radioactivos asociados e o seu impacto sobre o ambiente.   
As empresas deberán incluír ademais dous gráficos de barras, un de emisións e outro de residuos, ordenados do "A" ao "G", onde a primeira letra represente o mínimo impacto ambiental e a última, o máximo. 
  
Etiqueta estándar 
Ademais, a CNE desenvolveu un sistema de garantía mediante o cal os consumidores poderán acreditar ante terceiros que consumen enerxía 'verde'. Esta etiqueta vai permitir a comparación entre provedores.   
Coas novas etiquetas, van desaparecer os quilovatios hora (kWh) xenéricos e distinguirase entre quilovatios 'verdes', 'eficientes' e 'convencionais'.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto