 
 
O seu cabeza de lista pola Coruña, Francisco Jorquera, considera a súa proposta máis "urxente" cá que fixo esta quinta feira por Zapatero.
O cabeza de lista polo BNG ao Congreso dos Deputados pola Coruña, Francisco Jorquera, coincidiu coa promesa feita esta quinta feira polo candidato do PSOE a presidir o goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, de ampliar a autoestrada AP-9 na vindeira lexislatura.   
  Porén, considerou "urxente" a supresión de peaxes en determinados puntos, así como unha rebaixa xeral progresiva. "Cómpre ampliar cun terceiro carril a Autoestrada do Atlántico, de titularidade estatal e concesión a unha empresa privada, mais a necesidade real de Galiza é que se aplique a nivel estatal unha política de supresión de peaxes nas áreas próximas ás contornas urbanas e a rebaixa da peaxe no conxunto da autoestrada", considerou. 
  Jorquera sinalou, en declaracións aos medios, que o BNG fixera esta proposta en diversas ocasións, tanto no Congreso, coma no Senado, xa que "este corredor é o máis importante que ten Galiza; e a vía alternativa, a N-550, supón un incremento notábel de tempo respecto da AP-9". No entanto, "sempre responderon de xeito negativo".
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto