 
 
Touriño asegura que se intenta combater a desaceleración económica e dixo que as inauguracións quedaron na época do PPdeG.
Coincidencia ou afán electoralista? O Consello da Xunta deste xoves deixa división de opinións logo da aprobación de 150 millóns de euros en obras. Os cartos públicos están dentro Plan Económico e Financieiro da Sociedade Pública de Investimentos para 2007.
Aínda que o anuncio se fai a tres días das eleccións xerais, o presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, negou que teña unha intención electoralista e dixo que as obras están orientadas a combater a desaceleración económica. Touriño subliñou que nesta campaña, a diferenza de cando gobernaba o PPdeG, non houbo inauguracións. 
O plan contempla actuacións de diferentes consellarías en infraestruturas, centros de ensino, servizos públicos ou obras en zonas rurais. Dos 150 millóns aprobados, 85 corresponden a Política Territorial; 28 á Consellaría de Presidencia; 15 a Educación; 10 a Economía; 6,7 a Vicepresidencia e 5,5 a Medio Rural.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto