 
 
A información, a análise, as opinións, o chat, as conversas, os debates, os datos. 
A información   
Desde primeira hora do domingo 9 de marzo atenderemos ao desenvolvemento da xornada electoral, reparando nas incidencias e participación. Ás 15h, os internautas que accedan a Vieiros verán redireccionada a navegación até o especial Xerais08. Neste espazo poderán seguir en profundidade as evolucións da xornada en todos os momentos clave. Tamén nesta cita, xornalistas de Vieiros ofrecerán o relato do ambiente desde as sedes das principais formacións políticas, achegando as primeiras declaracións dos líderes. 
  
  O chat   
Podes debater directamente co resto dos lectores na sala de chat de Vieiros. Só tes que entrar como usuario rexistrado e poderás conversar en tempo real con outros internautas e coa propia redacción de Vieiros. 
  
O foro   
En Open Vieiros podes abrir unha nova Conversa, onde poderás propoñer o que desexes: as reflexións fronte aos resultados, a satisfacción ou a decepción diante das cifras do teu candidato preferido... 
  
A opinión   
Ao longo da noite e unha vez que vaian coñecéndose os resultados, diversos persoeiros, incluídos algúns dos nosos articulistas, relatarán para Vieiros as súas primeiras impresións sobre o novo mapa de poder que saia das urnas.   
  
  Os blogs   
Tes unha bitácora? Se vas postear sobre a evolución ou os resultados da xornada electoral no teu blog fáinolo saber en redaccion (arroba) vieiros.com para que todos os lectores de Vieiros coñezan das túas reflexións.   
  
  A túa información 
  No Open Vieiros podes deixar a túa reflexión, proposta ou denuncia. Vas de safari fotográfico á caza do carrexo de votos? Tedes algunha anécdota da xornada? Tamén podes escribir a redaccion (arroba) vieiros.com. 
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto