 
 
Unha vintena de axentes polacos da UNMIK e oito soldados da OTAN resultaron feridos este luns. Hai 53 persoas detidas.
 
											Os manifestantes atacaron con pedras e lume as forzas internacionais
A policía da ONU en Cosova (UNMIK) recibiu a orde de retirarse da localidade de Mitrovica, na fronteira con Serbia, onde centos de serbocosovares contrarios á independencia deste territorio realizaron unha manifestación que finalizou violentamente. 
  Polo menos 22 policías polacos e oito soldados das forza da OTAN despregada en Cosova (KFOR) resultaron feridos este luns despois de que os manifestantes atacasen un tribunal de Mitrovica, informan as axencias internacionais.   
"Deuse orde á policía da UNMIK de que se retire do norte debido aos violentos disturbios", sinalou a un portavoz da ONU en Pristina.   
Antes de que actuasen os axentes de seguridade, varios centos de soldados franceses, que acordoaran a zona do tribunal, foron atacados con pedras e artigos pirotécnicos.
Arredor de 120.000 serbocosovares viven na ex provincia serbia, declarado estado independente o pasado 17 de febreiro.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto