 
 
Un mozo de Xinzo engaiola o xurado de Míster Universo. Velaquí o poden ver co disfrace de toureiro que escolleu para facer un pase.
A pé destas liñas teñen foto de Iván Cabrera, nado en Xinzo da Limia hai vinte e tres anos. Hai poucos día que foi elixido Míster Universo, título co que se lle recoñecerá en 2008 como "home máis belo do mundo". Comezou traballando nun laboratorio clínico e posteriormente aprobou as oposicións de bombeiro, a súa profesión actual. 
  
  Hai un par de anos que gañara o equivalente provincial, Míster Ourense, e desde aquela facía traballos esporádicos para diversas empresas de moda. Unha axencia malagueña empurrouno ao certame estatal e despois de gañalo, a recente competición no concurso internacional, celebrado na República Dominicana, converteuno en Míster Universo 2008.
 
						 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto