 
 
Na Coruña, máis dun milleiro de veciños saíron á rúa para protestaren polo traslado das familias chabolistas de Penamoa.
Luciando Sobral, o rexedor nacionalista de Poio, sufriu na noite deste martes as violentas protestas de veciños de Monte Porreiro (Pontevedra) e Caritel (Ponte Caldelas) polo realoxamento de familias xitanas. Logo dun pleno ordinario, o máximo mandatario municipal tivo que saír escoltado por dez axentes da Garda Civil e da Policía Local. Varios descoñecidos provocaron graves desperfectos no coche do alcalde.
Mentres, na Coruña tamén proseguen as protestas contra o realoxamento dos chabolistas que viven en Penamoa. Este martes, máis dun milleiro de veciños do Mesoiro, Os Rosais e Eirís percorreron o centro da cidade herculina e cortaron o tráfico en varias rúas.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto