 
Un home podería ingresar en prisión acusado de causar lesións a un futbolista do Hércules en 2002
Unha liorta durante o partido entre o Hércules e o Mesón do Vento, do Grupo I de Segunda Rexional, levará a un home aos tribunais a vindeira semana acusado de agredir a un xogador local cando se dirixía aos vestiarios tras ser expulsado do terreo de xogo.
Os feitos sucederon en outubro de 2002, cando, segundo indica o Ministerio Fiscal, A.N.R, que neste momento conta 57 anos, "rompeu o nariz dun futbolista do Hércules que tivo que ser intervido cirurxicamente e permaneceu 12 días incapacitado para levar unha vida normal".
Os feitos serán xulgados o vindeiro 4 de abril coa petición por parte do Ministerio de 15 meses de cadea e dunha indemnización ao futbolista de 2.000 euros.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto