 
 
O socialista, que repite como presidente da Cámara Alta española, usou o galego, o euskera e o catalán na súa intervención.
O presidente do Senado, o socialista Javier Rojo, aproveitou o inicio da lexislatura para asegurar que para esta lexislatura é prioritario reforman o Senado para facelo “máis coherente coa realidade autonómica”. Por primeira vez na historia da cámara parlamentaria, o presidente dirixiuse tamén en galego, euskera e catalán aos representantes dos cidadáns.
Rojo cre que é preciso que, nos vindeiros catro anos, o Senado pase a ser “un foro de encontro, participación e concertación parlamentaria entre as comunidades autónomas e o Estado” .
Tamén chamou a atención a súa reflexión sobre a elección de senadores. Rojo cre que é preciso buscar “fórmulas máis sinxelas e prácticas”.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto