 
Cristóbal e Yolanda convertéronse en campións galegos. O primeiro en categoría cadete e júnior, e a segunda en benxamín.
Os dous irmáns, de Viveiro, gañaron o campionato galego de pentatlón moderno que se desenvolveu esta fin de semana en Lugo.
Cristóbal Rodríguez conseguiu, no mesmo día, o título de Campión Galego en categoría cadete e en xuvenís, despois dunha xornada que comezaba cedo de mañá  coa proba de tiro no pavillón municipal da Duquesa, e que terminaba ás sete da tarde cos tres mil metros de carreira a pé. O viveirense é tamén o actual campión cadete e subcampión júnior do Estado.
A xornada non foi moi doada para Cristóbal, posto que tivo que pelexar duro contra Garrido e Torian. Finalmente, conseguiu o título ao vencer en tiro e en esgrima. 
Polo seu lado, a súa irmá Yolanda conseguiu gañar o mesmo título na categoría benxamín, o segundo que consegue, despois de vencer en natación e no tiro, sendo terceira na carreira a pé.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto