 
O home está acusado de desobediencia e atentado contra a autoridade e será xulgado o vindeiro xoves.
As rúas da Coruña foron na mañá do martes o escenario onde centos de traballadores da planta de Nostián, se manifestaban para exixir mellores condicións laborais. A protesta provocou a paralización dun carril de circulación e importantes retencións de tráfico, mais tamén trouxo consigo a detención dun dos traballadores de Albalda, acusado de desobediencia e atentado contra a autoridade.
Tras prestar declaración no cuartel de Lonzas, xa foi posto en liberdade, á espera de ser xulgado este xoves. En solidariedade, os seus compañeiros de traballo acudirán tamén aos xulgados, quedando desconvocada a mobilización prevista para ese día en Compostela.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto