 
En pleno debate británico sobre a futura lei de bioética, anuncian ter producido células humanas a partir de óvulos de vaca
O desafío lanzado polos investigadores da Universidade de Newcastle anuncia a creación dun embrión híbrido home-animal. Mentres que en Gran Bretaña o debate político, relixioso e científico relativo a un proxecto de lei de bioética relativa á axuda á procreación e á utilización de embrións humanos acababa de calmarse, o equipo de Lyle Armstrong anunciou á BBC ter conseguido producir un embrión a partir dun ovocito de vaca e células humanas. Unha primicia no Reino Unido e en Europa. O primeiro embrión híbrido creouse disque no 2003 en Shangai con células de home e coello.
 
 O obxectivo do traballo non é dar nacemento a quimeras, senón proporcionar un método de produción de células sen utilizar ovocitos humanos, no marco de procuras de novos tratamentos para graves doenzas e incapacitantes, como Parkinson e Alzheimer.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto