 
Quedan dúas semanas para pedir as subvencións para eventos e deportistas galegos que outorga esta entidade.
O vindeiro sábado 26 de abril termina o prazo para solicitar axudas á Fundación Deporte Galego para a organización de eventos deportivos e para o apoio á participación das e dos deportistas galegos en diferentes probas. Para isto están reservados un millón e medio de euros a repartir entre os eventos e persoas seleccionadas.
As bases poden consultarse na  web do Deporte Galego, onde tamén se explican todos os trámites a realizar.
Quen pode obter estas axudas?
Poden acceder a esta liña de axudas asociacións deportivas que, conforme ao disposto na Lei Xeral do Deporte de Galicia, ostenten a condición de clubs deportivos; as entidades sen ánimo de lucro inscritas no correspondente rexistro de asociacións ou de fundacións da Xunta; e as empresas promotoras de eventos deportivos con domicilio social en Galiza e que acrediten experiencia e capacidade para a organización de actividade ou evento proposto (no caso da liña I, para organización de eventos, e na liña II, para a de participación de deportistas).
Tamén poden solicitar a axuda os e as deportistas galegos/as con licenza federativa en vigor nalgunha das modalidades deportivas pertencentes ás federacións deportivas galegas; ou aqueles que, aínda non pertencendo a ningunha federación galega, o nivel de competición na que participan teñan relevancia a nivel estatal ou internacional.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto