 
 
O presidente da Xunta advertiu contra a tentación "alarmista" do sector nun momento de axuste "imposto pola economía internacional".
Emilio Pérez Touriño asegurou que o Goberno permanecerá firme na defensa da "decisión de mellorar os estándares de calidade da vivenda". Fronte ás críticas ao proxecto, negou que o decreto deseñado pola Consellaría de Vivenda vaia a causar o encarecemento dos prezos dos inmobles.   
  
  Na opinión do presidente da Xunta, os prezos das vivendas xa non estaban gardando relación cos "custos reais" e advertiu da necesidade de que o sector asuma a necesidade dun "axuste" no marco da "situación de desaceleración económica global". "Non resguemos as vestiduras", comentou ao respecto Pérez Touriño, recordando o punto de inflexión producido arredor da "burbulla inmobiliaria".   
  
  Na mesma liña, recordou que o executivo prometeu facer "o posíbel" para reducir o impacto dese axuste e destacou os proxectos de construción de catro milleiros de vivendas de protección oficial e os programas de rehabilitación que se financiarán. Salientou ademais a vontade de Vivenda de manter "unha vía de diálogo permanente", pero sinalou que combinará "flexibilidade" con "firmeza de criterio". "Ofrecerémoslle ao sector unha saída, pero tamén é necesaria prudencia e non crear alarmismo", explicou Touriño.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto