 
 
O goberno español intensifica as negociacións diplomáticas cos países influentes no país para lograr a liberación dos mariñeiros.
 
											Máis dun cento de combatentes morreron en Somalia dende a fin de semana
A Oficina da ONU para a Coordinación de Asuntos Humanitarios (OCHA, nas súas en inglés) advertiu este martes de que a violencia e a seca que arrasan Somalia poderían causar unha fame negra semellante á rexistrada hai 17 anos no país africano.
"Mesmo os camelos están a morrer por falta de auga", sinalou a voceira en Xenebra da OCHA, Elizabeth Byrs, para subliñar a situación de gravidade polo pésimo inicio da estación de chuvias, que se vén a sumar ao reaxir dos enfrontamentos entre exército e guerrilleiros islamistas. 
Actualmente 2,5 millóns de somalís requiren asistencia alimentaria urxente debido á combinación da violencia, os altos prezos dos alimentos e a recente depreciación da súa moeda.   
  
Persecución de barcos piratas en augas somalís 
Por outra banda, o Consello de Seguridade da ONU, a iniciativa de Francia e Estados Unidos e co apoio do Reino Unido, está a elaborar unha resolución que autorice a persecución de embarcacións piratas que operan fronte á costa de Somalia até o interior das augas territoriais do país africano.
  
Vía diplomática para a liberación dos secuestrados 
Precisamente, o goberno español intensificou os contactos con Francia e Estados Unidos, países  con influencia na zona onde permanece secuestrado o atuneiro Playa de Bakio, para conseguir a liberación dos seus 26 tripulantes, entre os que hai oito galegos. 
Mediante un comunicado, o executivo asegurou que estes contactos se están a desenvolver "con responsabilidade, sensatez e discreción", e sinalou que paralelamente se segue efectuando o seguimento do pesqueiro "de xeito permanente".
  Seguimento militar
Neste senso, fontes militares galas informaron que o Estado francés está prestando axuda ao español con intercambio de información e apoio loxístico.   
Tamén, este martes, as autoridades da rexión autónoma de Puntland aseguraron que o exército somalí estaba preparado para intervir, aínda que o ministro español de Exteriores dixo que apostan pola negociación para pórlle fin ao secuestro.   
  Ademais, está previsto que o buque de guerra enviado pola Armada española arribe á zona  na noite desta cuarta feira.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto