 
O Día do Libro presentouse 'A Insua dos Poetas', un espazo de cinco hectáreas cedido por Luís González Tosar, que acollerá actividades culturais.
 
											Luis González Tosar
A Insua dos Poetas é unha leira dunhas cinco hectáreas, cen ferrados, 50 mil metros cadrados, cedidos por Luis González Tosar para que, a xeito da Ínsula Barataria que o Don Quixote lle  prometía a Sancho, se convirta en territorio libre, neste caso para a cultura. González Tosar cedeulle este espazo á Deputación de Ourense "para uso público, cultural e literario" co obxectivo de que se converta nun "espazo para a literatura universal, que é liberdade".
Está situado na Esgueva, lugar da parroquia de Madarnás, no Carballiño. O Día do Libro serviu para presentar publicamente o espazo, ao que se achegaron 150 estudantes dos centros escolares próximos, que leron poemas de Curros Enríquez e Luis Pimentel, entre outros autores. Na Insua, para a que se están deseñando aínda instalacións, celebraranse datas como o 17 de maio, ou o Día Mundial da Poesía (21 de marzo). O espazo será xestionado por unha irmandade da que formarán parte personalidades do ámbito cultural, e institucións e asociacións como a Fundación Curros Enríquez, a Real Academia ou o Consello da Cultura Galega.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto