 
 
Logo de 28 anos, o ZANU-PF non controlará a cámara lexislativa. O país agarda aínda o resultado oficial dos comicios presidenciais.
 
											Morgan Tsvangirai
A comisión electoral de Cimbabue publicou este sábado o resultado parcial do reconto de votos das eleccións do pasado 29 de marzo, ratificando que o partido do presidente en funcións, Robert Mugabe, perdeu a maioría no parlamento.
Unión Nacional Africana de Cimbabue-Fronte Patriótica (ZANU-PF, nas súas siglas en inglés)   -partido oficialmente comunista, mais que foi dexenerando cara ao populismo e o 'culto' ao líder- pedira o reconto en 23 das 210 circunscricións electorais. 
Os datos que se deron a coñecer son os de 14 circunscricións, e aínda que os de Mugabe triunfasen no resto das que faltan por computar, a vitoria do Movemento polo Cambio Democrático (MDC, nas súas siglas en inglés), do opositor Morgan Tsvangirai, dáse por segura. 
  O país agarda aínda o resultado oficial dos comicios presidenciais, onde Tsvangirai tamén se declarou gañador. Dende que Cimbabue conseguira a independencia do Reino Unido en 1980, esta é a primeira vez que o MDC vai ter o control da cámara lexislativa.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto