 
A USTR considera que o goberno español non protexe "debidamente" a propiedade intelectual.
A axencia gobernamental estadounidense USTR, que asesora o goberno dos EUA en comercio exterior, decidiu incluír a partir deste ano o Estado Español na súa lista de vixilancia por, ao seu xuízo, non protexer debidamente a propiedade intelectual.
Segundo o informe, "os EUA están preocupados polos esforzos insuficientes do goberno español para afrontar o problema crecente da pirataría na internet, descrito polas industrias estadounidenses de dereitos de autor como un dos peores de Europa". A oficina tamén considera que no Estado Español "está moi estendida a errada idea de que compartir arquivos é legal".
Pero non é o único estado de Europa Occidental na lista. Este ano súmanse tamén Grecia, por non actuar con contundencia contra as vendas de produtos pirateados nas rúas; Noruega, por non defender as patentes farmacéuticas, e continúa Italia, por non castigar os infractores da propiedade intelectual. En total, forman parte da clasificación 36 estados, entre eles Canadá, aos que hai que sumar os que integran a lista de vixilancia prioritaria, como Rusia ou China.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto