 
 
Os oito secuestrados aterraron no aeroporto de Vigo, onde os agardaba o presidente da Xunta.
Xa están na casa. Pouco antes das 11.30 horas deste mércores aterraba no aeroporto de Peinador un avión que traía os oito mariñeiros galegos que estiveron secuestrados a semana pasada por piratas fronte ás costas de Somalia. Os tripulantes do “Playa de Bakio” foron recibidos en Vigo polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.
Os familiares e amigos dos secuestrados poideron recibir os mariñeiros nunha sala do aeroporto, lonxe das cámaras. Porén, o contramestre da embarcación, Anxo Fernández, deu as grazas a todos os que fixeron posíbel a liberación dos secuestrados e confesou que todos temeron pola súa vida.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto