 
Un hospital vigués será o seguinte en utilizar o material multimedia, despois de que estea xa a utilizarse no Xeral de Lugo
 
											Pexego Sistemas Informáticos, unha empresa lucense do sector das tecnoloxías da información e a comunicación especializada en teleformación e composta por un equipo multidisciplinar de pedagogos, informáticos e deseñadores gráficos, creou un programa multimedia con contidos educativos para que alumnos de Educación Primaria ou os dous primeiros cursos de Secundaria que non poden asistir a clase non perdan o seu ritmo de estudos.
 
 O proxecto, que se realizou coa colaboración de Fujitsu España e a Universidade de Santiago de Compostela, xa se está a utilizar no hospital Xeral de Lugo e próximamente os nenos do Xeral Cíes de Vigo tamén poderán dispor deste material educativo. Outros centros galegos e estatais manifestaron tamén o seu interese por poder contar con este servizo.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto