 
A directora xeral para o Deporte vaise xuntar cos máximos responsábeis do deporte portugués para falar da asistencia das seleccións galegas a este campionato.
 
											A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, ha manter esta cuarta feira unha xuntanza no Comité Olímpico de Portugal, e posteriormente no Instituto do Deporte Portugués, cos máximos responsábeis do deporte luso para tratar diversos temas relacionados co deporte.
Souto tamén vai falar de futuros acordos para fomentar o intercambio de experiencias a nivel deportivo entre o noso país e o veciño, e, entre outras cousas, vai tratar a posíbel participación de Galiza nos vindeiros Jogos da Lusofonia, que se han desenvolver en Lisboa o ano que vén. 
Nestes Xogos participan as seleccións dos países lusófonos en oito modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, taekwondo, tenis de mesa, voleibol e volei praia. Esta cuarta saberase se Galiza ha tomar parte na próxima edición
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto