 
 
A sentenza, ditada polo Xulgado do Social número un de Pontevedra, non pode ser recorrida.
 
											O goce deste dereito non pode ser disfrutado á vez por pai e nai
A titular do Xulgado do Social número un de Pontevedra, Marta López-Arias Testa, acaba de recoñecer nunha sentenza contra a que non cabe recurso, o dereito dun traballador a gozar do permiso de lactacia que a Xunta lle negara previamente.
  O demandante, que traballa para Portos de Galiza -organismo dependente da Consellaría de Política Territorial-, solicitárao tras ser pai, mais a Xunta denegoullo dous meses despois, argumentando que aínda que el traballa por conta allea, "non pode gozar de redución de xornada por lactacia xa que a nai do menor é traballadora autónoma". 
Porén, a xuíza deulle a razón ao demandante, baseándose no Convenio colectivo de Portos de Galiza e no Estatuto dos Traballadores, que "aínda que nun primeiro momento parece outorgarlle á nai o goce dese dereito, logo se ocupa de sinalar que o permiso poderá ser gozado indistintamente polo pai ou pola nai en caso de que ambos os dous traballen". 
Ademais, a maxistrada engade que o Estatuto non advirte en ningún momento que ambos os dous pais teñan que ser traballadores por conta allea. A única salvidade introducida no fallo é que "non se debe producir o goce simultáneo deste dereito".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto