 
 
O impacto do sector enerxético na actual crise alimentaria ou os desafíos da sustentabilidade están entre os temas a tratar na xornada.
 
											"Os temas enerxéticos son e van ser condicionantes para a vida de moitas persoas, por cuestións como a crise alimentaria, a suba do prezo do petróleo ou a cuestión dos combustíbeis en xeral", salientou o sindicalista galego Fermín Paz, membro do Buró e do Consello de Administración da Asociación Dereito á Enerxía.  
  
  Trátase dunha asociación internacional fundada hai oitos anos en Francia e que goza na actualidade de "estatuto consultivo especial" no Consello Económico e Social da ONU. Inclúe representantes de  case medio milleiro de colectivos procedentes de 70 países diferentes.   
  
  Temas como a  a crise dos países empobrecidos polo aumento dos prezos dos cereais, estreitamente relacionada cos movementos do sector enerxético, serán tratados na reunión que a asociación terá na capital galega a próxima semana. Na xuntanza vaise presentar ademais unha iniciativa relacionada coa análise do contorno enerxético europeo e outra sobre os países mediterráneos, europeos e africanos. Haberá tamén dúas mesas de traballo, baixo os títulos "A enerxía e os retos de presente e futuro", e "A enerxía e a sustentabilidade e os aspectos sociais". Participarán entre outros Michel Leclerc, presidente da asociación; Xan Álvarez, director do Instituto Enerxético de Galicia; representantes dos principais sindicatos e tamén de empresas do sector.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto