 
Achado dun grupo de investigación compostelán en colaboración con investigadores canadenses.
A depresión reduce a produción e maduración de novas neuronas. A mingua está relacionada coa diminución dos niveis da proteína reelina, responsábel da plasticidade do cerebro.   
  
  A esta conclusión chegou o equipo de investigación Biofarma, da Universidade de Santiago, que traballa neste ámbito en colaboración cun equipo da Universidade de  Saskatchewan.   
  
  O grupo galego, coordinado polo profesor Héctor Caruncho, detectou defectos nos modelos animais na xénese e desenvolvemento das novas e “escasas” neuronas. Como consecuencia destas alteracións na plasticidade do hipocampo, os afectados pola doenza "padecen unha redución das súas capacidades de adaptación ao contorno", afirman.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto