Para mover as remansadas augas do río das iniciativas culturais transfronteirizas Ponte...nas ondas ! e os estudios Casa de Tolos presentan unha nova proba da creatividade e a colaboración galego-portuguesa. Nenos e nenas de Galiza e Portugal xuntan as súas voces ás de Guadi Galego e Vozes da Rádio para reivindicar o noso patrimonio común: o patrimonio inmaterial galego-portugués. Unha composición de Vozes da Rádio coa colaboración de Guadi Galego para a XIV edición de Ponte...nas ondas!   
"Na celebración das Letras Galegas, o cerne do noso patrimonio inmaterial, a lingua, érguese como a bandeira do achegamento e da convivencia. Unha lingua compartida na que galegos e portugueses vivimos o noso día día. Nela creamos os nosos mellores tesouros intanxíbeis. Nela soñamos o mundo e nela aprendemos a amar a falar. A lingua que nos xunta e nos achega a unha grande comunidade de falantes espallados por todo mundo. Este patrimonio, sustentado na lingua, debe ter o máximo recoñecemento internacional. Reclamamos que os poderes políticos inscriban o patrimonio inmaterial galego-portugués na Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial da Humanidade, tal como foi recomendado pola propia Unesco"    Aquí a letra completa:       
PONTE DO MEU LADO   A ponte serve para atravessar 
  A ponte serve para ligar 
  a terra que a água desuniu 
  os dois lados do mesmo rio, 
  A ponte serve para nos juntar   
  A língua serve para falar 
  A língua serve para beijar 
  Quem nos fala ao coração 
  E nos segura a mão 
  A língua serve para nos juntar     
  Refrão:     
Ponte deste lado,     A ponte que me leva aí   Põe-te ao meu lado   E fico pertinho de ti