 
O dispositivo Google Mini tamén estará dispoñíbel en catalán, éuscaro e noutras tres linguas.
 
											Google Mini
Google acaba de lanzar un servizo máis na nosa lingua. Trátase de Google Mini, un dispositivo que vende a empresas para clasificar e atopar con facilidade os seus documentos. Na súa última actualización, incorpora seis novas linguas -o galego, o éuscaro, o catalán, o grego, o húngaro e o polaco- e tres novas funcionalidades.
As novas características do servizo engadíronse despois de ter recibido suxestións dos usuarios. Unha delas é un control de acceso ao sistema de arquivos que permite rastrexar documentos en todos os discos duros e ofrecerlles os resultados só aos usuarios con permisos. As outras dúas novidades son poder darlles máis importancia aos arquivos segundo a súa fonte de procedencia ou segundo a súa data.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto