 
O árbitro non quere revisar o vídeo do encontro, no que se aprecia como a última canastra do Bruesa entre fóra de tempo.
 
											As alegacións presentadas polo directivo delegado do Beirasar Rosalía, Francisco Montero, foron desestimadas pola Federación Española de Baloncesto (FEB), debido a que o árbitro do encontro, Sánchez Ardid, declinou revisar as imaxes captadas polas cámaras da Galega que lle enviaran dende Compostela.
Nestas apréciase como a última canastra, a de Bernard Hopkins, que fixo que os donostiarras do Bruesa gañasen, por un só punto, aos composteláns, entra cando xa correra todo o tempo no marcador.
Mais a negativa do colexiado de revisar o documento chegoulle á FEB para rexeitar a impugnación do partido, que deixaba ao Rosalía lonxe da loita polo ascenso á ACB.
Queda aínda a opción de acudir ao Comité de Apelación nun prazo de dez días.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto