 
 
Os membros da segunda máis baixa do país queren ser degradados na clasificación para acceder a políticas de discriminación positiva.
 
											As protestas provocaron 41 mortes
Miles de persoas pertencentes á etnia Guijar, a segunda caste máis baixa da centenaria clasificación discriminatoria existente na India, maniféstanse nas rúas de Delhi dende hai varias semanas para reclamar a súa degradación na lista.
  Até o de agora 40 persoas morreron por disparos da Policía, e os manifestantes lincharon un axente. As protestas non son novas: na mesma data do ano pasado o número de vítimas mortais nas mesmas circunstancias ascendía a 26. 
A lexislación india estabelece que os Gujjars -a maioría residentes en Rajasthan- pertencen ao grupo Other Backward Classes (Outras Clases Desfavorecidas, OBC), un nivel por riba dos Scheduled Tribes and Castes (Tribos e Castes Recoñecidas, STC), que tamén reciben o nome de Dalits, ou Intocábeis.   
Os Gujjars láianse de que son discriminados no eido laboral, sanitario e da educación, polo que consideran que se son reclasificados como STC poderán ocupar prazas na universidade e postos de representación na Administración reservadas por lei para este grupo nun tanto por cento.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto