 
 
O voceiro parlamentario do PP, Manuel Ruíz Rivas, dixo escoitar "argumentos resesos" na avaliación do Goberno.
"O optimismo do que fai gala o conselleiro de Economía parece máis propio dunha película de ciencia ficción ca da realidade económica que atravesa Galiza neste momento", afirmou na mañá deste luns o voceiro parlamentario do PpdeG. Segundo Manuel Ruíz Rivas, cun crecemento do PIB galego do 3,2% no primeiro trimestre deste ano, "todo indica que o crecemento se situará por debaixo do 2% no cuarto trimestre de 2008, mentres a Xunta mantén invariábel a súa previsión dun 2,8% para o conxunto do exercicio". 
  
  Os populares recordan que o índice de produción industrial cae desde o mes de novembro, coa confianza dos consumidores e dos empresarios "tamén en caída libre" e cun descenso xeneralizado das vendas en todos os sectores. Na opinión de Ruíz Rivas, a Xunta debe deixar de "teimar en sacar peito" e buscar "alternativas para os sectores que padecen as consecuencias de crise".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto